Non teño idea de que isto sexa un blog con fotos de michos, mais a miña dona fixo esta foto e non podo me negar a compartila. Mala demasiado como para lle dicir que non. Dous michos puramente astures, da rua. El é xixonés, nado na rua, nunha obra dun barrio pijo. Ela é do porto de Lastres, de vila mariñeira coma o pai e ten esa beleza salvaxe que imprime o mar. Teño feito mil argalladas para eles, así que igual algún día cae algún post sobre cousas que podes facer pra os michos, aínda que case de seguro van xogar co que menos ilusión vaiache facer a ti.
Xa que estamos comentarei que a foto está sacada cun Huawei P9, que ten cámara dobre, un sensor RGB e outro en branco e negro e que está certificada (que non fabricada) por Leica e coido que está pasada polo proceso de mellora que ofrece a galería do android.
Prometo e xuro que as fotos de gatos non van ser tema importante neste o meu blog do steemit.