Despois dun longo tempo sen publicar por motivos académicos e persoais (e por ter perdido o contrasinal da conta), volto coa idea de facer un par de publicacións e xa veremos que máis. Eu levo toda a vida escribindo para amigos en foros e redes, e últimamente téñome afastado desas plataformas, mais sigo a sentir o impulso de escribir certas cousas, contar sobre os meus descubrementos persoais na tecnoloxía, na programación, na cartografía, xeopolítica, música e deporte. Pode que comece con unha entrada sobre a cartografía da Galiza na que levo tempo a pensar.
Así que vémonos polo steemit nas próximas datas para contarvos parvadas e as cousas que andan a remexer os meus miolos.