Cando mirei esta frol en Navia recoñezo que fiquei surpreso pola elegancia e a vistosidade.
Pola folla clasifiqueina como unha acacia pero non. A folla é similar, pero non son parientes cercanos.
O Tarco, pon na Wikipedia é unha árbore que provén da banda subtropícal de Sudamérica, que é cultivado precisamente polas súas chamativas flores violetas.
O parecer súa madeira é de moi boa calidade e te unha cor rosa moi apreciada, ademais de ser dura, pesada, compacta e de longa durabilidade. Algúns dos usos son a construcción de instrumentos musicais ou decoración en automoveis de alta gama.
Seus froitos son usados para artesanato.
Igual porque coñecín Navia cando traballei coa equipa que montou as beirarúas e ainda estaba empezando a ser ocupada, o barrio parecíame inmenso, desproporcionado, distópica, un lugar un tanto alieníxena...
A xente con casa na casa, a decoración urbán feita por artistas graffiteiros, estas froles nas rúas e e a xente paseando integrada no barrio danlle a Navia o aspecto de un barrio de verdade, con moito calor e futuro.
Imaxe e textos baixo licenza CC by Manuel Freiría Partilhar igual 4.0